Entrega de premios do VIII Concurso de Tapas

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Entrega de premios do VIII Concurso de Tapas

Nesta edición foron 26 locais os participanes, 18 na categoría de Tapa Tradicional e 8 na categoría de Tapa Creativa. Nesta edición mantívose unha importante afluencia de clientes aos locais participantes, similar á dos últimos anos.
Os premiados  foron os locais seguintes:
- Campeón de Tapa Popular Tradicional: Cafetería Bombay
- Subcampeón de Tapa Popular Tradicional: Café Bar Diosiño
- Campeón de Tapa Popular Creativa: Cafetería Lembranza
- Subcampeón de Tapa Popular Creativa: Restaurante Tortoni
- Campeón de Tapa Tradicional: Cafetería Bombay
- Subcampeón de Tapa Tradicional: Cafetería de Liga de Amigos de Barallobre
- Campeón de Tapa Creativa: Cafetería Lembranza
- Subcampeón de Tapa Creativa: Cafetería Pachamamá
Nas categorías de Tapa Popular e  Popular Creativa votaron 193 clientes que completaron a visita a todos os locais cubrindo as Fenerrutas do concurso. E nas categorías de Tapa Tradicional e Tapa Creativa cinco membros do Xurado que nesta ocasión estivo integrado por Dª Rebeca Villa Filgueras (Representante da Escola de Hostalería), D. José Villares Losada (Representante da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene), D. José Martínez Vidal (cociñeiro, fundador do Restaurante O Parrulo), D. José M. Orriols Núñez (Representante dos Medios de Comunicación) e como Presidente do Xurado D. Juan José Franco Casal (Representante do Concello de Fene).
Os patrocinadores desta edición foron so seguintes: Asociación de C.H.S o Cruceiro de Fene, Axencia de Viaxes Organiza Fene, Bodegas Barral, Electro Agro Fene, Escola de Música Bellón Maceiras, estrella de Galicia, Exclusivas Rivas Suárez, Perfumería Marta Ameneiro e Ximanasio Fitness Fene.
No mesmo acto, que contou coa asistencia do alcalde, Juventino trigo,  e de  varios membros da Corporación fenesa ademáis de hostaleiros participantes e representantes de sociedades de Fene, celebrouse o sorteo de Premios a clientes de tarxetas de participación individuas (con máis de 10.000 participantes) que se entregarán o vindeiro martes 4 de agosto no Salón de Plenos do Concello ás 17,30 horas.Na categoría de Fenerrutas son catro premios (un viaxe a Roma, cortesía de Estrela de Galicia e dúas escapadas, cortesía de Organiza Fene e de exclusivas Rivas Suárez, e un abono  dun mes ao Ximnasio Fitness Fene). Na categoría de tarxetas individuais sortearónse dez bonos de 20 Euros, cortesía da Asociación de C.H.S O Cruceiro, un pequeno electrodoméstico, cortesía de Electro Agro Fene, un lote de productos de perfumería, cortesía de Marta Ameneiro Perfumería, tres estuches de productos, cortesía de Exclusivas Rivas Suárez e un mes de clase de música, cortesía da Escola de Música Bellón Maceiras.