CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Concentración de rexeitamento e solidariedade
03-08-2015
Amaya e Candela, de 4 e 9 anos respectivamente, foron brutalmente asasinadas o pasado venres supostamente polo seu pai, David Oubel, de 40 anos, no Concello de Moraña (Pontevedra). O pai das meniñas estaba separado da nai, mais estaba ao cargo das menores, ao dispor da custodia durante as vacacións de verán.Este feito contitúe un novo acto de violencia machista en Galicia, sumándose aos dous asasinatos cometidos na nosa comunidade no que vai de ano.