CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Obradoido de emprego dirixido a xóvenes menores de 30 anos
03-08-2015
Obradoiro dirixido a mozas e mozos empadroados nun dos tres concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil.A inscrición neste rexistro é un requisito indispensable para poder participar no obradoiro. Para formalizalo accédese a través do seguinte enlace http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/accesoJovenes.html
Os requisitosneste para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
- ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA, mínimo estudos primarios
- FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBERÍA, mínomo graduado en ESO.
- PINTURA INDUSTRIAL EN CONSTRUCCIÓN, mínimo graduado en ESO