Obradoiro educativo PREPARAD@S, LIST@S...XA!

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Obradoiro educativo PREPARAD@S, LIST@S...XA!

Trátase dunha actividade GRATUÍTA que oferta o Concello de Fene a través da Concellería de Servizos Sociais e subvencionada pola Deputación da Coruña; para nenos e nenas ENTRE 6 E 12 ANOS (que cursen Educación Primaria nos centros educativos do Concello de Fene).
Terá lugar do 1 ao 9 de setembro, en horario de 10.00 a 13.30 horas nas aulas/instalacións municipais. 
As inscricións terán lugar ata o día 27 de agosto, no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo - San Valentín)
Máis información: 981.342.607/981.492.706 e no correo servizos.sociais@fene.es