Axudas para o Bonobús Universitario Curso 2015/2016

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Axudas para o Bonobús Universitario Curso 2015/2016

A finalidade desta subvención é favorecer os desprazamentos do alumnado que curse estudos universitarios no Campus de A Coruña e necesite usar o autobús para os desprazamentos de Fene-A Coruña, A Coruña-Fene.
Requisitos:
a) Estar empadroado/a no Concello de Fene
b) Cursar estudos universitarios para os que necesite desprazarse ata o Campus de A Coruña
c) Non superar os máximos de base liquidable xeral sometida a gravame por unidade familiar
d) Non ter pendente de xustificación por parte da persoa solicitante ningunha subvención concedida polo Concello de Fene, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.
e) Presentar toda a documentación requirida nas bases.
As solicitudes serán presentada, segundo modelo achegado, por Rexistro Xeral do Concello (1º andar) en horario de 08.30 a 14.00 horas (luns a venres) e de 09.30 a 13.30 horas (sábados).
Consulte as bases nos enlaces aquí achegados.