CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
3º edición da Carreira da Muller - A Coruña (20 de setembro)
20-08-2015
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Fene colaborará coa Asociación Por +Vida fletando dous autocares, cedendo unha furgoneta e persoal municipal para a recollida de material en A Courña e asumindo tamén o custe da publicidade.Información:
- Poden participar mulleres a partir de 12 anos de idade.
- Os autobuses serán de balde para todas as participantes, até completar prazas e segundo rigoroso orde de inscrición.
- O prazo para anotarse remata o 10 de setembro de 2015.
- Prezo da inscrición (para material: camiseta, dorsal...): 10,00 € a pagar no momento de entregar esta documentación para anotarse (aboarase á Asociación)
- Para máis información: pormaisvida2011@gmail.com ou no teléfono 639.788.038. Pódese tamén entregar a ficha cuberta cos datos persoais no Centro Municipal de Servizos Sociais deFene.
- A entrega de equipacións para a carreira será o sábado día 19 de setembro de 11.00 a 13.00 horas no Salón de Plenos do Concello.
- A sáida dos autocares será o domingo ás 08.30 horas desde a praza do Concello e a volta da Coruña ás 14.00 horas.