CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Recepción no Concello dos nenos/as saharauis e das súas familias
21-08-2015
Son dúas familias acolledoras e dous nenos/s participantes no programa do presente ano 2015 (de 11 e 12 anos).A estadía en Fene en acollemento familiar é de dous meses (xullo e agosto), até primeiros de setembro (este ano, será ata o día 7 de setembro, con saída ás 18.30 horas do Concello), onde os/as rapaces regresarán coas súas familias de orixe, aos campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf (Alxeria).
O alcalde e concelleiros/s recibirán a estes dous nenos/as e familias e se lles entregarán uns agasallos, e convidarán a un ágape.
Recordar aos veciños e veciñas de Fene que desexen acoller a un neno ou nena saharaui nos meses do próximo verán 2016, que poderán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Fene en calquera momento do ano, sendo no último trimestre cando se debe cursar a solicitude.
Responsable Técnica do Programa: Manuela Real Rego. Traballadora Social.