CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Incremento de 70 horas mensuais para a atención do SAF
21-08-2015
Na actualidade as horas mensuais que o Concello de Fene ten asignadas para a atención das persoas dependentes polo Servizo de Axuda no Fogar ascende a 3.018 horas mensuais.A través do Sistema de Dependencia da Xunta de Galicia e en concreto a través da Consellería de Traballo e Benestar se asigna a cada concello unhas horas mensuais para a atención das persoas dependentes co Servizo de Axuda no Fogar.
O SAF constitúe o conxunto de actuacións levadas a cabo no domicilio das persoas en situación de DEPENDENCIA, co fin de atender as necesidades básicas da súa vida diaria e incrementar a súa autonomía, posibilitando a permanencia nos seu domicilio.
Os servizos que prestan poden ser:
- Servizos relacionados coa atención persoal na realización das actividades da vidia diaria (asistencia para levantarse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, apoio para vestirse, axuda para alimentarse, axuda na toma de medicamentos, apoio para cambios posturais, mobilizcións, etc...)
- Servizos relacionados coa atención das necesidades domésticas ou do fogar: limpeza, lavado, cociña ou outros (estes servizos só poderán prestarse conxuntamete cos sinalados no aprtado anterior)