Remate de EXPRESARTE

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Remate de EXPRESARTE

Mañá xoves 27 de Agosto, se despiden un total de 50 rapaces/as que estiveron participando nas distintas actividades, despois dun verán divertido e cheo de novos lazos afectivos creados entre os/as participantes. É unha despedida temporal, xa que o programa continua novamente co inicio do curso escolar ata decembro.
As actividades que se levaron a cabo; seguindo as peticións dos/as interesados/as foron: Fotografía Creativa e animación 3D, Artes escénicas e danza, Arte en Cómic e Xeración Blogger: Creación literaria ONLINE.  A peculiaridade destas actividades é que contan cunha pedagoga ademáis dun profesional que imparte a actividade, a profesional de educación se encarga de crear un clima de aceptación, libre- expresión e confianza nos participantes.
Ainda estades a tempo de unirvos a alguna das actividades de Espazo Novo en Outubro en horario de venres tarde e sabados.
Os obxectivos do programa son, entre outros:
  • Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente de acordo cos seus gustos e inquedanzas.
  • Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
  • Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
  • Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
 A coordinación é seguimento do programa a nivel municipal o realliza a pedagoga Mª José Paz Rodríguez e a empresa encargada do desenvolvemento da actividade é a Guagua.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.dicoruna.es
O XOVES 27 DE AGOSTO É O ÚLTIMO DÍA PARA APUNTARSE AO PROGRAMA PREPARAD@S, LIST@S...XA!