CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas das prazas de conserxe
01-09-2015
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo II e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo II, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
- Copia compulsada do Documento Nacional de Identidade ou pasaporte.
- De ser o caso, copia compulsada do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.