CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
Un obradoiro sobre ameixas na II Festa Mariñeira de Fene
04-09-2015
O programa inclúe unha homenaxe ao antropólogo sueco Staffan Morling, que puxo en valor os trincados, como lanchas características das rías altas. Ademais dez sociedades de Fene cociñarán e servirán durante todo o día produtos do mar.No obradoiro, monitores e cociñeiras ensinarán a distinguir as distintas variedades da ameixa. Coñeceráse como se capturan e se comercializan e se degustarán os bivalvos cociñados de distinto xeito. A actividade conta con prazas limitadas e as persoas interesadas deben apuntarse no teléfono 981 492767.A concellería de Promoción Económica organiza a II Festa Mariñeira de Fene contando coa colaboración do movemento asociativo da localidade. Desenvolveráse dende as once e media da mañá ata a noite. Acudirán representantes da asociación de embarcacións tradicionais "Os Galos" de Bueu.