Remate do programa "Preparad@s, list@ ...xa!"

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Remate do programa "Preparad@s, list@ ...xa!"

O programa “Preparad@s, list@s ...xa!” tivo lugar do 1 ao 9 de setembro, dirixido a nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos (que cursen educación primaria nos centros educativos do Concello de Fene).
Estaba comprendido de 10.00 a 13.30 horas nas aulas/instalacións municipais e compaxinando ademais actividades ao aire libre.
“Preparad@s, list@s ...xa!” é un obradoiro educativo que tivo como finalidade preparar aos nenos e nenas para a volta ao cole. Traballándose unha serie de contidos, de forma lúdica e participativa para repasar, e ao tempo volver a coller hábitos escolares de cara ao novo curso.
Realizaronse diferentes xogos e actividades visuais para estimular a imaxinación, a creatividade, a expresión oral e corporal; e traballaronse valores como a coeducación, a diversidade o respecto ao medio... deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día.
A empresa encargada de desenvolver a actividade foi Atalaia Social e a coordinación do programa correu a cargo da pedagoga municipal Mª José Paz Rodríguez.
Para máis información ás familias interesadas:
Centro Municipal de Servizos Sociais
Avda. do Mar, bloque1, baixo. teléfonos: 981.492.706/981.342.607
servizos.sociais@fene.es