Obradoiro de Pablo Díaz co espectáculo "Musicanta"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Obradoiro de Pablo Díaz co espectáculo "Musicanta"

O espectáculo "Musicanta" é recomendado para nenos e nenas de 4 a 9 anos; sendo as prazas limitadas (máximo 40 nenos/as), polo que será necesaria unha inscrición previa na Biblioteca. Dita inscrición poderá facerse, ou ben presencialmente, ou ben no teléfono 981.342.302.
"Musicanta" é un obradoiro de canto, música e xogos en lingua galega. Ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís e xogos relacionados con estas cancións e coa fala (adiviñas, trabalinguas ou rimas), así como algunha melodía cantada acompañada dos ritmos básicos da nosa cultura musical.  Empréganse varios instrumentos, acabando o obradoiro cun enfoque máis moderno, onte interpretaranse cancións acompañadas pola guitarra do libro-disco TIC TAC E TOC TOC de Pablo Díaz.
Esta actuación enmárcase dentro da programación da Rede Cultural 2015 do Concello de Fene, subvencionado pola Deputación da Coruña.
Para máis información: 
Biblioteca Pública Municipal "Xosemaría Pérez Parallé"
1º andar, Casa da Cultura
Avda. Conces 20-22
981.342.302 -  fene.rbgalicia@eidolocal.es