Ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO

Ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle

A saída será o día 27 de setembro ás 09,00 h. dende a Praza do Concello (Avda. do Concello s/nº, Fene) e transcurrirá pola Rabadeña, Coto do Rei, Marraxón, Fervenza do Belelle, O Roxal e remate en Maciñeira.
A ruta é guiada con explicacións sobre aspectos naturais da mesma.
Aproximadamente ás 14,00 h un autobús recollerá ás persoas participantes e os levará ata a Praza do Concello. De xeito opcional haberá unha comida na Pizzería Leo´s (Avda do Concello,3; Fene). O menú (12 €) é o seguinte: Pizza Prosciutto, ensalada tropical, raxo Leo´s, tiramisú, auga ou refresco e café. Coa preinscrición da ruta poderá facerse á da comida que abonarase no local o mesmo día 27.
A idade mínima de inscrición é de 12 anos (menores baixo responsabilidade paterna).
As persoas interesadas poden preinscribirse na oficina de Turismo sita no Edificio de Formación e Emprego "Pancho Allegue", Avda. do concello s/n, en horario de 09.00 a 14.00 h ou no teléfono 607623136. O día 23 de setembro o concello confirmará a praza  a todos/as os/as preinscritos; xa que é necesario un número mínimo de participantes para facer a ruta; momento no que se poderá formalizar a inscrición có pago de cuota.