Participación masiva de mulleres fenesas na 3ª edición da Carreira da Muller

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Participación masiva de mulleres fenesas na 3ª edición da Carreira da Muller

Un total de 146 mulleres de Fene participarán este domingo 20 de setembro na Coruña na Carreira da Muller, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
A Concellaría de Benestar Social e Igualdade colabora coa Asociación Por+Vida fletando dous autocares de balde que transportarán ás participantes o domingo até a cidade herculina. Membros da Asociación e persoal do concello recollerán na Feira Sport Woman do Frontón Longo da Cidade deportiva de Riazor os dorsais, camisetas e material da carreira de cada muller, facilitando así a súa entrega a todas as participantes o sábado pola mañá de 11:00h a 13:00h na casa do concello. Para elo, o concello porá a disposición da Asociación unha furgoneta, un vehículo municipal e persoal municipal.
Este ano superouse o número de mulleres inscritas, tanto en Fene como na páxina web da organización da carreira, esgotándose as prazas antes do prazo establecido, polo que moitas fenesas quedaron sen poder participar no evento.
A  asociación oncohematolóxica Por Máis Vida e o Concello de Fene, a través das mulleres participantes na edición do pasado ano, acadaron dous premios: o primeiro posto na categoría de "colectivo con máis participantes" e a segunda clasificación no "mellor tempo de carreira na modalidade de asociacións". Este ano se vai coa intención de superar ou cando menos igualar o resultado da edición anterior.
A saída dos autocares será o domingo 20 ás 8.30 h dende a praza do Concello e a saída da Coruña de volta ás 14.00 h.
Para máis información:
Asociación Por máis Vida:  639 788 038.
Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene: 981 34 26 07 – 981 49 27 06
Máis información sobre a Carreira da Muller na súa páxina web: http://www.carreradelamujer.com/
Responsable Municipal da Actividade: Eva Sayago Martínez - Psicóloga. Técnica de Muller e Igualdade