CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
Ruta de sendeirismo á Fervenza do río Belelle
25-09-2015
A ruta parte do Concello de Fene e remata na Fervenza do río Belelle, un lugar de alto valor paisaxístico do concello de Fene. A cuota de inscrición é de 10,45 €.A saída será ás 09,00 h. dende a Praza do Concello (Avda. do Concello s/nº, Fene) e transcurrirá pola Rabadeña, Coto do Rei, Marraxón, Fervenza do Belelle, O Roxal e remate en Maciñeira.
A ruta é guiada con explicacións sobre aspectos naturais da mesma.Aproximadamente ás 14,00 h un autobús recollerá as persoas participantes e os levará ata a Praza do Concello. De xeito opcional haberá unha comida na Pizzería Leo´s (Avda do Concello,3; Fene). O menú (12 €) é o seguinte: Pizza Prosciutto, ensalada tropical, raxo Leo´s, tiramisú, auga ou refresco e café.
Coa preinscrición da ruta poderá facerse á da comida que abonárase no local o mesmo día 11 de Outubro.
A idade mínima de inscrición é de 12 anos (menores baixo responsabilidade paterna/materna).
As persoas interesadas poden preinscribirse na oficina de Turismo sita no Edificio de Formación e Emprego "Pancho Allegue", Avda. do concello s/n, en horario de 09.00 a 14.00 h ou no teléfono 607623136.
É necesario un número mínimo de inscricións para facer a ruta, o día 7 de Outubro confirmarase a praza.