CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E TURISMO
III Concurso Gastronómico da Pataca
28-09-2015
Coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, o Concello de Fene organiza un concurso gastronómico de patacas.As tapas serán gratuítas. Elaborarase unha tapa na que o seu ingrediente principal sexa a pataca.
Período de inscrición: Do día 28 de setembro ao 5 de outubro (ambos incluídos)
Lugar de inscrición: Rexistro xeral do Concello de Fene.
Datas de celebración do concurso: Do 9 de outubro ao 27 de outubro
Horario do concurso: Venres de 20:00 a 22:00 horas
Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
Domingos de 13 a 15:00 horas
Os clientes decidirán o campión e o subcampión. Para votar deberán percorrer tódolos establecementos participantes coa FENERRUTA que irán selando nos locais nos que se degusta a tapa concursante. Cando a Fenerruta esté completa poderán votar e depósitala na urna que está no local participante.