CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
... encontros para a xente miúda da casa"
28-09-2015
"A festa da música, dos xogos e das palabras. encontros para a xente miúda da casa"Iniciativa de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega que, por medio da música, do xogo e das palabras, busca favorecer a incorporación do idioma nas familias e ofrecerlles unha proposta de lecer en galego na que inclúen novos materiais e recursos que permitirán darlle continuaidade á actividade no fogar.
Os Axóuxeres son o encontro da xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo... cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego... coa lingua do noso.
Unha festa que por primeira vez se poderá levar para casa nun cedé que o programa agasallará a todas as familias participantes.
A entrada é de balde, pero con reserva previa ate completar a capacidade (100 persoas). As persoas interesadas en participar cos seus nen@s, poderán inscribirse desde hoxe en horario de 10.00 a 13.00 horas no teléfono 697.363.089.
Duración: 40 min. (aprox.)
Actividade promovida pola Rede de Dinamización Lingüística.