Arrinca o obradoiro Inicia con 28 alumnos e alumnas dos concellos de Fene, Ares e Cabanas

CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO

Arrinca o obradoiro Inicia con 28 alumnos e alumnas dos concellos de Fene, Ares e Cabanas

No salón de actos do concello de Fene celebrouse o acto de apertura desta iniciativa conxunta polo emprego. No obradoiro, que durará do 30 de setembro ao 30 de marzo,  impartiránse as especialidades de fábrica e montaxe de instalacións de tubería industrial, pintura industrial en construcción e xardinería.
As clases teóricas impártense en Fene e as prácticas repartiranse entre Fene e Cabanas. Pintarán a escola unitaria de San Marcos, repoñerán as tuberías interiores do colexio O Ramo de Barallobre e acondicionarán as rotondas do paseo da Magdalena en Cabanas. O alumnado  percibirá o salario mínimo interprofisional  mentres dure a acción formativa.