CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
O Concello de Fene insta aos madeiristas a que soliciten licenza municipal para o transporte de cortas forestais
29-09-2015
Segundo se explica neste documento, “a circulación de vehículos de transportes de cortas forestais por vías de titularidade municipal debe ser considerada, pola intensidade do uso que fan destas vías, como un uso común especial destas”. En base a isto, todos aqueles vehículos que vaian facer traballos de transporte de aproveitamentos forestais, deberán solicitar no Concello a correspondente licenza municipal, aportando a seguinte documentación: solicitude (na que se especificarán as datas previstas para realizar o transporte, os datos do madeirista responsable ou da empresa extractora, localización da finca/monte afectado, lugar de depósito, camiños ou vías a utilizar nos traballos e no transporte da madeira e vehículos a utilizar no transporte), copia do permiso de circulación e ficha técnica do vehículo e copia do permiso de corta, expedido pola autoridade competente.Para máis información, dirixirse á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene: tfno. 981 492 707.