ALCALDÍA
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, asistiu na Deputación da Coruña á presentación do Plan de Acción Social
29-09-2015
O PAS estipula que o 60% dos investimentos deberán ser destinados a medidas cun impacto social relevante e permitirá financiar multitude de investimentos financeiramente sostibles e de interese social en diversas áreas.O PAS incluirá entre outras cuestión investimentos como obras de rehabilitación e conservación de instalacións deportivas e culturais e parques e xardíns, alumeado público, protección e mellora do medio natural, ou eliminación de barreiras arquitectónicas.