DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA
Cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais
01-10-2015
Os valores que se recadarán son os de notificación colectiva e cobro periódico anual (recibos) dos seguintes conceptos:Imposto sobre bens inmobles urbanos do exercicio 2015
Imposto sobre bens inmobles rústicos do exercicio 2015
Imposto sobre bens inmobles de características especiais do exercicio 2015
Imposto sobre actividades económicas do exercicio 2015
Taxa por recollida de lixo do exercicio 2015
Taxa por entrada de vehículos do exercicio 2015
Taxa por servizo de cemiterio do exercicio 2015
O prazo de ingreso voluntario será do 15 de setembro ao 20 de novembro, ambos inclusive.
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro, con importes diferentes:
Ï A primeira é válida ata o día 20 de novembro, e o importe que ten asociado é o principal da débeda, sen recarga de ningún tipo.
Ï A segunda é válida do 21 de novembro ao 31 de decembro, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%.
Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán solicitarse outros ás oficinas de información tributaria
As entidades financeiras colaboradoras do Servizo de Recadación son as seguintes:
ABANCA
BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA
BANCO POPULAR ESPAÑOL / BANCO PASTOR
BANCO SANTANDER
BANCO SABADELL
CAIXABANK
As oficinas de información e horario de atención ao público máis próximas:
Ferrol
R Naturalista López Seoane s/nº (Pol. Esteiro)
15403
De 9:00 a 14:00 h, de luns a venres
981355795 981356554
zona2@dicoruna.es Narón
Pz do Concello s/nº (Xuvia)
15570 Luns, mércores e venres, de 9:30 a 14:00 h
981397083
981397084
zona2@dicoruna.es Central / A Coruña
R Archer Milton Huntington, 17
15071 De 9:00 a 14:00 h, de luns a venres
900132204
981080090
atencion.tributaria@dicoruna.es