ALCALDÍA
Membros da Corporación Municipal reciben a visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
02-10-2015
A Consellería de Educación e Cultura estudará as obras reclamadas polo colexio O Ramo de Barallobre así como para o resto dos centros escolares de Fene.O alcalde de Fene brindou o compromiso de colaboración do Concello coa Consellería para acometer as demandas dos centros.Durante a visita subliñouse o esforzo de toda a comunidade educativa –tanto de profesores coma de pais e nais e tamén dos propios alumnos e alumnas- por facer da biblioteca deste centro un dos máis activos e apreciados, xa que mesmo conta cun recuncho que os pais utilizan coma zona de lectura.
Cómpre salientar tamén que por primeira vez neste curso, o CEIP O Ramo pasa a formar parte da rede de centros plurilingües de Galicia, neste caso concreto para o 1º curso de primaria. Isto, xunto coas seccións bilingües das que xa dispoñía, significa unha clara aposta polo reforzo da ensinanza de idiomas entre o seu alumnado.