Arrinca Suma e Segue nos centros educativos de secundaria

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Arrinca Suma e Segue nos centros educativos de secundaria

SUMA E SEGUE é un programa de apoio escolar GRATUITO para rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos que estuden nos centros educativos do concello de Fene.
O prazo de matricula está aberto ata o día 9 de outubro. As persoas interesadas deben de entregar a ficha de inscrición nos centros  educativos de secundaria: IES Fene, CPI A Xunqueira, C. Jorge Juan.
As sesións desenvolveranse nos  centros escolares indicados, comezarán o día 13 de outubro.
O programa consta de dous ámbitos de intervención:
APOIO ESCOLAR:
Basease na motivación e o adestramento de técnicas que faciliten o estudo, potenciando as habilidades persoais relacionadas coa aprendizaxe para mellorar  o rendemento escolar: atención, xestión do tempo, organización, memorización, comprensión, etc. O obxectivo é mellorar as capacidades para o estudio dun xeito ameno e práctico, proporcionando apoio nas diferentes materias e na súa aprendizaxe.
As sesións están destinadas para alumnado de secundaria.
ESPAZOS FAMILIARES:
Realizarase unha reunión mensual aberta ás familias onde se falará  de aspectos importantes na educación e desenvolvemento das mozas e mozos (estudos, educación afectivo-sexual, ocio e tempo libre, prevención do consumo de drogas, comunicación, etc.)
Chamarase  as familias que os/as fillos/as están inscritos informando do día e hora, ademais  se anunciará con carteis xa que está aberta a todas as familias do termo municipal.
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.es