CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
O alumnado dos centros educativos de primaria de Fene teñen até o 9 de outubro para inscribirse en Espazos Compartidos
05-10-2015
O prazo de marícula está aberto ata o día 9 de outubro. As persoas interesadas deben de entregar a ficha de inscrición nos centros educativosAs sesións desenvolveranse nos centros escolares de infantil e primaria e van dirixidas para grupos do alumnado de 1º a 3º de primaria e grupos para o alumnado de 4º a 6º de primaria.
O Inicio do programa será o día 13 de outubro.
O programa consta de dous ámbitos de intervención:
ESPAZOS EDUCATIVOS:
Estes espazos teñen como obxectivo adquirir ferramentas necesarias para o estudio e o desenvolvemento persoal, potenciando as habilidades persoais e reforzando habilidades instrumentais básicas. Todo isto utilizando o xogo, a creatividade, concentración, atención, lectura, comprensión, ....
As sesións están destinadas para alumnado de 6 a 12 anos.
ESPAZOS FAMILIARES:
Realizaranse dúas sesións ao mes coas familias interesadas. Asesorarase sobre o papel da familia no estudo, aprendizaxe e no crecemento dos nenos e nenas. Así como no seguimento dentro dos grupos.
Chamarase as familias que os/as fillos/as están inscritos informando do día e hora e logo se anunciara con carteis xa que está aberta a todas as familias do termo municipal
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.es