CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Concentración de rexeitamento e solidariedade
06-10-2015
A vítima, de 33 anos, foi asasinada onte a golpes, supostamente pola súa parella de 55 anos no Concello de Vigo. A muller xa fora asistida con anterioridade polos servizos de emerxencia da localidade.Este feito constitúe un novo acto da violencia machista en Galicia, sendo a CUARTA muller asasinada na nosa comunidade no que vai de ano.