CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Un obradoiro de banda deseñada conmemorará o Día das Bibliotecas
06-10-2015
A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino, vai dirixida, desta vez, a nenos/as de 3 a 6 anos. Os/as interesados/as en participar deberán inscribirse ao longo da semana na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 981 342302 (horario de tarde). “O tesouro da bruxa Maruxa” é un obradoiro baseado en cancións e xogos para fomentar o emprego da lingua galega entre os/as nenos/as. A actividade desenvolverase este venres a partir das 18 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene.Tralo paso da compañía Xandobela por Fene, o vindeiro sábado 24 de outubro conmemorarase o Día das Bibliotecas na biblioteca municipal de Fene cun obradoiro de banda deseñada impartido polo ilustrador galego Xosé Tomas. A actividade, dirixida a nenos/as de 6 anos en diante, comezará ás 11.30 horas e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Ademais, o número de prazas é limitado (15 prazas) polo que, para participar, será preciso inscribirse a partir do luns 19 de outubro na propia biblioteca ou telefónicamente.
O “Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cadriños” consistirá nunha pequena introducción teórica ao mundo da banda deseñada, para pasar logo á acción, debuxando e creando guións. A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino no marco do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, complementarase cunha pequena mostra bibliográfica na biblioteca onde se amosarán os traballos e obras do ilustrador Xosé Tomás.
Xa para pechar o mes de outubro, a Biblioteca Municipal de Fene anuncia para o sábado 31 de outubro (ás 12 horas) unha sesión de “Contos de misterio” coa compañía “Nin fu nin fa animación”.
“Contos de misterio” é un espectáculo que mestura música tradicional, narración oral e maxia. É unha actividade familiar de teatro onde ninguén pasa medo e que procura a participación dos presentes, especialmente dos nenos, educando en valores como a igualdade de xénero e a integración cultural, así como da existencia de realidades paralelas que poden parecer poderosas a simple vista pero que realmente forman parte da identidade de cada cultura.Actividade dirixida a nenos/as de 4 a 12 anos.