CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
III Concurso Gastronómico da Pataca do Concello de Fene
07-10-2015
Terá lugar entre os días 9 e 25 de Outubro do 2015 e os días da semana en que se poderán degustar as tapas seráns os venres (de 20:00 a 22:00 h.), sábados (de 13:00 a 15:00 h. e de 20:00 a 22:00 h.) e domingos (de 13:00 a 15 h.)Os locales participantes nesta edición son:
Café Bar A Ponte: Papas enrugadas con mollo
Café Bar Beiramar: Tartaleta de salpicón
Café Bar Diosiño: Volvoreta
Café Bar Liverpool: Patacas recheas
Café Bar Plaza Verde: Papa Plaza Verde
Cafetería Lembranza: Patacas da avoa
Cervecería Tarnas: Pataca sorpresa
Friends: Friends
Fussión Café: Ponme de Terre Fussion
Liga de Amigos de Barallobre: Patacas Liga de Amigos
O encontro de Leo´s: Patacas con chourizo
Pachamama: Tarta rechea
Tivoli Cervecería: Patacas recheas
Nota: O Café Bar Beiramar pecha os domingos.
En canto aos premios son os seguintes:
1.- Premios a clientes entre todos os votantes que selen cada un dos locais na tarxeta FENERRUTA, disponibles para o público en todos os locais participantes. Sortearanse os seguintes premios:
Dúas noites de hotel-balneario/Spa en Galicia, para dúas persoas. Premio valorado en 299 euros. (Inclúe almorzo e tratamento termal).
Premio válido para desfrutar ata 31.12.2015. Non válido para festivos e pontes. Datas baixo dispoñibilidade dos establecementos hostaleiros.
Dous vales por valor de 40 euros para consumir nos locais adheridos á asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro”. Obsequio por cortesía da asociación C.H.S “O Cruceiro”
2.- Premios a locais participantes:
Campión: Estuche de viños por cortesía de Bodegas Barral, trofeo e diploma.
Subcampión: Estuche de viños por cortesía de Bodegas Barral, trofeo e diploma.