XXVII Xuntanza de Gaiteiros

BANDA DE GAITAS TRADICIONAL "AIRIÑOS DE FENE"

XXVII Xuntanza de Gaiteiros

Nesta XXVII Xuntanza homenaxearán a Treixadura. Treixadura é canto e tamén música, compromiso e entrega, recuperación do noso e creación, cultura e idioma.... Treixadura é un grupo básico na música e canto tradicional deste País.
Treixadura constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Nesta XXVII Xuntanza de Gaiteiros contarase coa participación do grupo de cantareiras “Xerfa”, “Cantigas e Agarimos” o grupo de cantareiras “Xirifeiras”, “Treixadura” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Xan López (membro fundador e compoñente de Treixadura durante moitos anos).