O luns 19 de outubro achégate a biblioteca e reserva a túa praza!

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O luns 19 de outubro achégate a biblioteca e reserva a túa praza!

O obradoiro será na biblioteca municipal o sábado 24 de outubro (Día da Bibliotecas), ás 11:30 horas.
O "Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cadriños" será impartido por Xosé Tomás, recoñecido ilustrador galego. Cunha duración de 90 minutos, consistirá nunha pequena introdución teórica ao mundo da banda deseñada, para pasar logo a acción, debuxando e creando guións. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos e como hai prazas limitadas (15), a inscrición é obrigatoria.
O prazo para inscribirse comeza o luns día 19 de outubro, e será na propia biblioteca ou telefónicamente (981 342 302).
Ademáis a partir do 24 de outubro, co motivo da visita de Xosé Tomás, haberá unha mostra bibliográfica na biblioteca cos traballos e obras deste ilustador.
Actividade desenvolvida ao abeiro do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.