Comezan os obradoiros de activación de memoria e os obradoiros de recuperación de memoria

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Comezan os obradoiros de activación de memoria e os obradoiros de recuperación de memoria

O envellecemento é un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais.
Con este proxecto preténdese promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias  en colaboración coas entidades sociais, para as persoas que se atopan na madurez co fin de que poidan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuindo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
TARDES ACTIVAS  oferta atividades onde se conxuga o desenvolvemento da creatividade; o traballo do plano emocional e social;  o reforzo das capacidades intelectuais, o compartir vivencias así como retardar o inicio ou avance de patoloxías de deterioro cognitivo. (alzeheimer, demência..).
Estás actividades, gratuítas, están abertas a poboación en idade madura, cun límite de 20 prazas que se cubrirán por orden de inscrición.
ACTIVIDADES NAS ENTIDADES:
Obradoiros de ACTIVACIÓN DA MEMORIA realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades.
Este taller impártese nas seguintes entidades no horario marcado:
A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS DE BARALLOBRE
Inicio: 21 de Outubro
Os mércores de 18:15 a 19:45 h.
AA.VV. DE LIMODRE
Inicio o 19 de Outubro
Os luns de 18:00 a 19.30 hS.C.R.D. AGARIMO DE SILLOBRE
Inicio 27 de Outubro
Os martes de 18.30 a 20:00 h.
C.P.S DE SAN VALENTÍN
Inicio o 20 de outubro
Os martes de 18:30 a 20:00 h.C.C.R.D. DE PERLÍO
Inicio o 5 de novembro
Os xoves de 17:00 a 18:30 h.CMI DE FENE
Inicio o 28 de Outubro
Os mércores de 16.30 a 18.00 h.AA.VV SAN XURXO DE MAGALOFES
Inicio o 6 de novembro
Os venres de 19:00 a 20:30 h. ACTIVIDADES NO CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS:
Obradoiro “Recuperación memoria”
(Específico pérdidas de memoria + grupo de apoio  familias)
Realizaranse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo. Este impártese no centro municipal de Servizos Sociais os xoves de 16:30 a 18:00h
O grupo de apoio para famílias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experencias, sentimentos e  dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentarán a folla de inscrición cuberta no centro municipal  de servizos sociais ou nas entidades veciñais onde se realicen os obradoiros.
A coordinadora do programa é a pedagoga municipalPara calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.es