Inicio das actividades xuvenis de outono

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Inicio das actividades xuvenis de outono

Este programa consta das seguintes actividades.
ESPAZO NOVO:
Este espazo de ocio xuvenil da continuidade ao iniciado no verán no que se desenvolven actividades lúdicas  destinadas para xente nova a partir dos 11 anos. Realizaranse dous grupos, un de 11 a 14 anos e outro  a partir dos 15 anos.
Entre as actividades que se realizaran están: Arte en cómic e pintura, Xeración Vlogger e creación literaria on line artes escénicas e danza, fotografía creativa e animación 3D 
Está aberto o prazo de inscrición ate o 22 de outubro ou se cubran as prazas que se ofertan por orde de inscrición.
INFENE:
Tratase dun programa de actividades socioeducativas centradas no adestramento en habilidades sociais, valores e hábitos saudables baixo un formato lúdico e deportivo.
Hai dúas modalidades:
INFENE dirixido ao grupo de idade de 11 a 13 anos
INFENE + dirixida ao grupo de idade de 14 a 16 anos
A través delas traballase entre outros os seguintes obxectivos:
Ofrecer aos xoves ferramentas para expresarse e participar socialmente da cordo cos seus gustos e inquedanzas.
Favorecer a creación, a imaxinación e posibilitar un proxecto común.
Fomentar debates sobre temas do seu interese a través das redes sociais dun xeito crítico e reflexivo.
Contar con información sobre temas sociais e de actualidade acadando comportamentos saudables e responsables.
HORARIOS:
INFENE: venres 3O de outubro, 13 e 27 de novembro e 11 e 18 de decembro de 2015.
 INFENE+ : venres 23 de outubro, 6 e 20 de novembro e 4 de decembro de 2015.
LUGAR: AAVV de perlio, Plaza do Ameneiral- Perlio
Actividades abertas sen inscrición previa
ESPAZO NOVO
- “Danza e artes escénicas”, os sábados a partir do 24 de outubro ate o sábado 26 de decembro de 10.00 a 12.00h.no C.P.S. de San Valentín
- “Arte en cómic e pintura” os sábados a partir do 24 de outubro ate o sábado 26 de decembro de 12.00 a 14.00h. no C.P.S. de San Valentín
- “Xeración vlogger:creación literaria On line” os sábados a partir do 24 de outubro ate o sábado 26 de decembro de16.00 a 18.00h na aula de informática do concello de Fene  (avda. Naturais, nº 44, entresollado- Fene )
- Fotografía creativa e animación 3D, os sábados a partir do día 24 de outubro de 18.00 a 20.00h. na aula de infomática do Concello de Fene ( avda Naturais 44, entresollado – Fene)
O lugar onde se desenvolven os obradoiros se combinan  con espazos abertos.
Estás actividades gratuítas están abertas, cun límite de 20 prazas que se cubriran por orden de inscrición.
Todas aquelas persoas interesadas en participar  en Espazo Novo presentaran a folla de inscrición cuberta   no centro municipal  de servizos sociais.A coordinadora do programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín.Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607.
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal