CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Concentración de rexeitamento e solidariedade
26-10-2015
Celia, de 38 anos, foi asasinada o pasado venres pola súa ex parella de 34 anos en Pontesampaio (Pontevedra), pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe un novo acto da violencia machista en Galicia, sendo a QUINTA muller asasinada na nosa comunidade no que vai de ano.