Nomeamento peón funcionario interino

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Nomeamento peón funcionario interino

O aspirante nomeado ten un prazo improrrogable de cinco días hábiles desde a publicación do presente anuncio nesta páxina web para achegar a seguinte documentación:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que teñen “a capacidade funcional necesaria para traballar como peón”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
- Copia compulsada do carné B de conducir.
Se no prazo indicado, os aspirantes nomeados non presentan a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toman posesión da praza de funcionario interino, quedarán sen efecto os nomeamentos realizados