Presentación da publicación de "Cines, salas de baile e vida social"

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Presentación da publicación de "Cines, salas de baile e vida social"

No marco deste proxecto, o vindeiro xoves 29 de outubro, ás 19.00 h, terá lugar na Casa da Cultura de Fene o acto de presentación da publicación “Cines, salas de baile e vida social”,  na que se recolle información sobre os salóns de baile e os cines que houbo en cada parroquia do concello de Fene así como as lembranzas das persoas participantes. Outro apartado fai referencia á vida social e relacións, as festas como lugar de socialización, os rituais dos bailes e as súas normas, a relación da xuventude co alcohol e as relacións de parella.
Con este traballo destacamos a valiosa contribución que as persoas participantes fan ás xeracións máis novas posibilitando unha convivencia interxeneracional. Valorando o pasado e a súa influencia no presente, aproveitando estas experiencias para medrar no día a día.
Acto seguido, terá lugar unha charla-coloquio entre representantes do grupo de traballo  e as persoas asistentes, que nos permitirá compartir a súas vivencias e manter viva a historia inmaterial de Fene, para así estimular o debate e o intercambio de información, o que leva consigo a desenvolver aprendizaxes coas xeracións máis novas e a sociedade no seu conxunto.
A todas as persoas asistentes se lles fará entrega dunha copia da publicación elaborada.
ACTIVIDADE GRATUÍTA E ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal