CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Obradoiro de Recuperación da Memoria e Grupo de Apoio ás Familias
29-10-2015
Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así poder adaptar as actividades as súas necesidades.As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo.
O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
Nesta sesión tratarase o tema da alimentación nas persoas dependentes: debido ás dificultades na alimentación das persoas maiores con demencia moitas veces prodúcense problemas de mal nutrición que fan diminuír a calidade de vida do paciente, motivo polo que as persoas coidadoras deben coñecer cales son as mellores formas de alimentación (utilización de diferentes texturas dependendo da fase da enfermidade na que se atopan). Ademais as persoas coidadoras deben ter en conta cómo abordar e administrar a medicación e todos os factores que poden influír neste proceso. Todos estes temas se abordarán no grupo de familias dende un punto de vista global e dinámico tendo en conta as situacións concretas que viven as persoas coidadoras no seu día a día".
O proxecto de “Envellecemento Activo e Participación Social”, no que se enmarca o programa de Tardes Activas, subvencionado pola Deputación da Coruña, esta promovido pola Área de Benestar e Igualdade que dirixe Joaquin Ayala Garrido.
Duración das sesións: 1 hora e 30 minutos
Horario:de 16.30 A a 18.00h.
O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades é no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
A sesión está impartida por as psicólogas da Empresa Recordando
O programa está coordinado pola pedagoga municipal
ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal