Aberto o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Aberto o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ao programa aquí establecidos, para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os/as seus fillos e fillas que, estando en convivencia cos/as solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos) ou ben sexan maiores desa idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía.
Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 6 de xaneiro de 2016.
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello, no prazo de 10 días naturais, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.