Concentración de rexeitamento e solidariedade

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Mª José, de 71 anos, foi presuntamente asasinada o pasado xoves polo seu marido Alberto J. V.G. de 62 anos en Vigo (Pontevedra), pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Este feito constitúe un novo acto da violencia machista en Galicia, sendo a SEXTA muller asasinada na nosa comunidade no que vai de ano.