CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Xuntos polo Nadal - 2015
04-11-2015
Prazas e destinosOfértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña,
Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón en Nigrán (Pontevedra)
Datas e servizos
Este programa levarase acabo entre ol 23 de decembro de 2015 e o 2 de xaneiro de 2016, e comprende os seguintes servizos:
Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneiro despois da comida.
Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
Non estar acollido/a nun centro residencial
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
Realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
Teñan máis idade.
Non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
Poderanse excluír aquelas persoas que participaran neste programa en anos anteriores e non se adaptaran ás normas de convivencia establecidas, aínda que obteñan unha puntuación que lles permita o acceso ao programa.
Se houbera solicitudes con acompañante, unicamente se terán en conta cando quedaran prazas vacantes despois de adxudicarlle praza a todas as solicitudes individuais.
Solicitudes e prazo de presentación:
As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.
O prazo de presentación será ata o 20 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
Custo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas con uns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.
Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude de devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa ou non se atopan nos supostos anteriores.
Os gastos de desprazamento dende o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
DNI ou pasaporte en vigor.
Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso do programa.
Deberán levar roupa adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
Teléfono Social 900 333 666 (de balde).
Páxina web da Consellería de Política Social
Os servizos socias comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais.
OS VECIÑOS E VECIÑAS DE FENE NO CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS, Avda do Mar, bloque I-baixo.-SAN VALENTIN. Teléf: 981342607 AREA DE BENESTAR E IGUALDADE. CONCELLO DE FENE.
As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.