Contra a violencia de xénero en prol da igualdade

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

Contra a violencia de xénero en prol da igualdade

A campaña consiste en "microespazos" informativos que se emitirán diariamente entorno ás 11 da mañá dende o programa A Fenestra.
Participarán:Eva Sayago Martínez: psicóloga e responsable técnica do Servizo Municipal de Atención á   Muller
Manuela Real Rego: traballadora social do Centro Municipal de Servizos Sociais
Dolores Rodríguez Amoroso, avogada do Servizo de Asesoramento Xurídico do Centro Municipal de Servizos Sociais.
Patricia de Lorenzo, actriz, compoñente da compañía "Chévere Teatro", que representarán en Fene a súa obra "As Fillas Bravas" para alumnado de bacharelato, dentro da liña de teatro con perspectiva de xénero que proxecta a compañía.
Alumnado do CEIP Cenieiras – Anuncios da campaña contra a Violencia Machista.
 
Mulleres que atoparon saída á violencia de xénero dentro do noso concello e que de xeito anónimo compartirán o seu rexurdir a unha nova vida.
Nestes microespazos informativos abordaranse os seguintes temas:
  • VIOLENCIA DE XÉNERO E EDUCACIÓN EN IGUALDADE – Psicóloga
Que é a V.X.
Cómo se produce
Tipos de V.X.
Cómo actuar ante situacións de V.X.
Medidas de Autoprotección Persoal
A V.X. En Colectivos Específicos de Mulleres
Muller e Discapacidade
Muller Inmigrante
Muller maior
Micromachismos
Ciberacoso como V.X. na xuventude
Linguaxe inclusiva: visibilizar ás mulleres
Coeducación 
  • ASESORAMENTO XURÍDICO – Avogada
Que pasa se decido poñer unha denuncia?
Funcionamento do sistema xudicial
Dereitos das vítimas
Ordes de Proteción
Réximes de garda e custodia cos menores
Lexislación vixente
  • RECURSOS PARA MULLERES V.V.X. - Traballadora Social
Municipais
Comarcais
Autonómicos
Nacionais
  • HAI SAÍDA A VIOLENCIA DE XÉNERO – Veciñas de Fene, supervivintes da V.X.
Máis información:
SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN Á MULLER
Av. do Mar, Bloque 1 – Baixo. San Valentín
981 34 26 07 – 981 49 27 06
servizos.sociais@fene.gal 
 
HAI SAÍDA Á VIOLENCIA DE XÉNERO CHAMA AO 016. TELÉFONO DE BALDE, NON DEIXA RASTRO NA FACTURA