O Concello de Fene e Ecovidro promoven o reciclado do vidro no sector hosteleiro de Fene

CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

O Concello de Fene e Ecovidro promoven o reciclado do vidro no sector hosteleiro de Fene

Deste xeito, entregaránse 26 cubos con rodas de gran capacidade e instalaranse 6 novos colectores de VACRI.
Dende a Concellería de Medio Ambiente, lémbrase a veciñanza que os colectores de vidro das rúas serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, tarros e frascos. Outros materiais como a cerámica ou outro tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de xanelas.....etc) ao ter unha composición distinta ao vidro dos envases deben ser depositados nun punto limpo.
Con esta inciativa xunto coa campaña  Recicla co Grupo Soil iniciada nos centros escolares de Fene, a Concellería de Medio Ambiente traballa coa convición de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene.