I Festa Zombie do Samaín

CONCELLERÍA DE XUNVENTUDE

I Festa Zombie do Samaín

As persoas interesadas xa poden inscribirse no obradoiro de “maquillaxe con feridas” co que arrincará o vindeiro 14 de novembro a I Festa Zombie do Samaín. O horario da actividade será de 16.30 a 18.30 horas. Todas as persoas interesadas en participar no taller deben apuntarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Fene ata o vindeiro 11 de novembro. Tamén poden anotarse chamando ao teléfono 981 34 03 66  ou enviando un correo electrónico a omix@fenecidadan.gal.
Finalizado o taller, comezará a festa propiamente dita. Dende a Concellería de Xuventude anímase a que todos os participantes veñan terroríficamente disfrazados para que poidan posar no Photocall do Medo que se instalará no Casino de Perlío. Tamén se anuncia, no marco desta I Festa Zombie do Samaín unha merenda con “larpeiradas terroríficas e poción fumeante”. A festa contará con animadores/as de La Guagua e concluirá ás 20.30 horas cun baile zombie (flashmob) dende o Círculo de Perlío ata a Praza Verde.
Máis información na OMIX de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán) ou nesta web.