In Fene comprométese coa saúde do planeta

CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE

In Fene comprométese coa saúde do planeta

IN FENE + é un programa alternativo, desenvolvido dende a Área de Benestar social e igualdade, có que se pretende cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal.
Destinado para todos aqueles rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos, desenvólvese os venres partir das 16.30h, na Asociación de Veciños de Perlío.
As actividades están guiadas por monitorado da empresa Atalaia.social e coordinadas pola pedagoga municipal.