O 11 de novembro remata o prazo de solicitude de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro

CONCELLERÍAS DE CULTURA, ENSINO E DEPORTES

O 11 de novembro remata o prazo de solicitude de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro

Poderán optar a estas subvencións as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas; os comités veciñais, as comunidades de bens ou calquera unidade económica ou patrimonio separado que, aínda que carezan de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.
As agrupacións sen personalidade xurídica deberán nomear un representante con poderes bastantes para poder cumprir as obrigacións que como beneficiaria lle correspondan á agrupación.
En calquera caso, os/as solicitantes destas subvencións teñen que cumprir, con carácter xeral, as seguintes condicións:
a) Carecer de ánimo de lucro
b) No caso de asociacións ou entidades, estar legalmente constituídas e desenvolver as súas actividades no concello de Fene.
c) Non ter pendente de xustificación ningunha subvención municipal concedida nos exercicios anteriores ou ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada ou ter desistido de forma motivada e por escrito.
d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
e) Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP; isto é, até o 11 de novembro.