Últimos días para anotarse no Obradoiro de Maquillaxe con feridas da "I Festa Zombie do Samín"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Últimos días para anotarse no Obradoiro de Maquillaxe con feridas da "I Festa Zombie do Samín"

Mañá mércores remata o prazo para apuntarse ao obradoiro de “maquillaxe con feridas” co que arrincará o vindeiro sábado 14 de novembro no CCRD de Perlío a I Festa Zombie do Samaín. O horario da actividade será de 16.30 a 18.30 horas. Todas as persoas interesadas en participar no taller deben apuntarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)  do Concello de Fene, chamando ao teléfono 981 34 03 66  ou enviando un correo electrónico a omix@fenecidadan.gal.
A I Festa Zombie do Samaín é un evento organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Cultura e Ensino e o CCRD de Perlío. A festa –non aconsellada para persoas menores de 6 anos- incluirá  un obradoiro de maquillaxe, animación musical e unha merenda con larpeiradas terroríficas e poción fumeante. Dende a Concellería de Xuventude anímase a que todos os participantes veñan terroríficamente disfrazados para que poidan posar no Photocall do Medo que se instalará no Casino de Perlío. A festa contará con animadores/as de La Guagua e concluirá ás 20.30 horas cun baile zombie (flashmob) dende o Círculo de Perlío ata a Praza Verde.
Máis información na OMIX de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán) ou neste web municipal www.fenecidadan.gal