CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Nova sesión do obradoiro "Recuperación da memoria" no Centro Municipal de Servizos Sociais
11-11-2015
Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así poder adaptar as actividades as súas necesidades.As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
Nesta sesión abordarase o tema das barreiras arquitectónicas no fogar: as persoas dependentes soen ter a súa mobilidade reducida que, xunto coas barreiras arquitectónicas que atopan no seus domicilios soen provocar caídas en ocasións con importantes consecuencias. Por iso, no grupo de familias trataremos de por en común qué facilidades podemos dar ao dependente para evitar caídas e, no caso de que se produzan cómo axudar ao dependente a levantarse.
Horario:de 16.30 A a 18.00h.
O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
A sesión está impartida polas psicólogas da empresa Recordando
O programa está coordinado pola pedagoga municipal ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal