Taller presentación do libro "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos", de José Domingo, na Biblioteca Municipal

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Taller presentación do libro "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos", de José Domingo, na Biblioteca Municipal

En “Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos”, os protagonistas, Pablo e Jane, están aburridos na casa nunha tarde chuviosa. Xogaron a todos os xogos, leron todos os seus libros e xa non queda ningún recuncho do vecindario que non exploraran. Agás un: a vella casa da colina co seu misterioso resplandor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará á máis terrorífica das viaxes: a Dimensión dos Monstros.Para voltar á casa e fuxir da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas agochadas en lugares tan arrepiantes coma o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidiar cos "troles trituradores" de Noruega, os "cosacos cortapescozos" de Moscú, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.
Cunha proposta dirixida ao lector infantil, José Domingo crea un libro híbrido, que mestura cómic, ilustración e xogos interactivos, cun colorido plantel de monstros, ideal para celebrar o Halloween de xeito divertido e creativo. O álbum conta cunha primeira parte narrativa e unha segunda parte que require da participación do lector, con xogos de busca e desafíos varios. 
Pablo & Jane en la Dimensión de los Monstruos, coas súas páxinas ateigadas de cor, cheas de persoaxes e de esceas agochadas, convida a varias "relecturas". O libro tamén está publicado no Reino Unido e nos EEUU.