Acto entrega premios III Concurso da Pataca

CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Acto entrega premios III Concurso da Pataca

Trece locais de hostalería do Concello de Fene participaron na III edición do Concurso da Pataca, organizado pola Concellaría de Promoción Económica do Concello de Fene co obxectivo de dinamizar a actividade do sector da hostalería de Fene. Finalizado o certame, que se desenvolveu durante as fins de semana do 9 ao 25 de outubro, o establecemento que resultou gañador foi a Cafetería Praza Verde pola súa tapa “Papa Praza Verde” e, en segundo lugar, quedou a Pachamama coa "Tarta Rechea"
Na entrega de premios do certame, celebrada o pasado martes 10 de novembro, fíxoselle entrega aos dous establecementos gañadores dos seus correspondentes diplomas e trofeos, xunto cun lote de viños por cortesía de Bodegas Barral. Ademais, neste mesmo acto, procedeuse ao sorteo de distintos premios para os clientes que participaron no concurso como un fin de semana en hotel/spa a elixir en Galicia, cortesía do Concello de Fene, ou dous premios de 40 euros por cortesía da Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos “O Cruceiro” de Fene.
Segundo informan dende a Concellería de Promoción Económica, á entrega de premios que se celebrou no Salón de Plenos do Concello de Fene, acudiron varios representantes dos locais participantes así como distintos membros do Goberno Municipal.