CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Teatro con perspectiva de xénero para o alumnado de bacharelato do IES de Fene
16-11-2015
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero. Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.
A obra estará dirixida a rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos, alumnado do IES FENE. Terá lugar hoxe 16 de novembro no salón de actos do propio IES ás 12:25 h. Mañá e pasado realizaránse obradoiros de reciclaxe de xénero, complementarios á obra de teatro, como parte do traballo co alumnado en prol da igualdade e da prevención da violencia de xénero.