CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Charla Informativa sobre o Programa de Garantía Xuvenil
17-11-2015
A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 30 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendimiento Joven aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil, desde o día 30 de xullo de 2015, establece que os mozos e mozas menores de 30 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar desempregados/as.
O procedemento de inscrición é telemático no seguinte enderezo electrónico:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsedealta.html
PODEN SER BENEFICIARIOS OS MOZOS E MOZAS QUE CUMPRAN OS SEGUINTES REQUISITOS:
Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
Non ter recibido accións educativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
Non ter recibido accións formativas que leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
Para inscribirte na charla informativa chama ao teléfono 881995700 ou contacta co servizo de orientación laboral do Concello de Fene, teléfono 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal